Susana Gómez Carnero, moderadora da mesa de debate de #SilverBullet17

Susana Gómez Carnero, CEO en Origami Soluciones e directora executiva de BNI Galicia, vai moderar unha mesa de debate en #SilverBullet17, patrocinada por Hacce Conversion&Design, na que intervirán os tres relatores participantes na sesión matinal, José Luis Iparraguirre, Carlos González Jardón e Javier Garzás.

Na mesa abordaranse os temas máis controvertidos e candentes da profesión, abrindo a oportunidade de dar paso tamén ás intervencións do público asistente.

#SilverBullet17 terá lugar o 11 de maio na Cidade da Cultura, organizado polo CPETIG e a Amtega e concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

As empresas galegas Bahía Software, Balidea, Councilbox, Ednon, Hacce Conversion&Design e Plexus son patrocinadoras de #SilverBullet17.