Metodoloxía, motivación, liderado, felicidade… as claves para unha xestión exitosa de proxectos TI

Ás veces, a xestión dun proxecto convértese nun monstruo case ingobernable a conta dos retrasos nos prazos, os custos, a calidade… todo eso que conforma o antipatrón da área de xestión de proxectos coñecido como “a bala de prata”, mencionada inicialmente en 1987 polo enxeñeiro de software Frederick P. Brooks, que alude á inexistencia de metodoloxías ou solucións milagreiras. Somentes cunha bala de prata, da que toma o nome #SilverBullet17, poden reconducirse os proxectos.

No congreso porase o foco nos tres factores que representan esa bala de prata: o traballo continuo desde o inicio do proxecto, a aplicación de metodoloxías adecuadas e o coñecemento sobre a xestión de proxectos. Pero amais de amosar as últimas tendencias metodolóxicas, #SilverBullet17 porá en valor as habilidades de comunicación, a xestión de recursos humanos e o liderado, sen perder de vista o criterio de felicidade.

Con ese obxectivo, intervirán como relatores algúns dos máis relevantes profesionais do panorama actual. José Luis Iparraguirre, director de IAL Software Engineering; Carlos González Jardón, consultor de Xestión de Proxectos en Tecnocom; Javier Garzás, mentor áxil e experto en xestión de proxectos e equipos; Susana Gómez Carnero, CEO en Origami Soluciones e directora executiva de BNI Galicia; Javier Cebreiros, socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e da empresa InfoJC; e Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain, compañía que xestiona os portais Infojobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios.

A organización de #SilverBullet17 está enmarcada nas actividades conmemorativas programadas polo CPETIG con motivo da celebración de seu X aniversario. Participan como patrocinadoras as empresas Bahía Software, Balidea, Councilbox, Ednon, Hacce Conversion&Design e Plexus.