Councilbox patrocina o relatorio de Javier Cebreiros en #SilverBullet17

A empresa Councilbox http://www.councilbox.com/ colabora no desenvolvemento de #SilverBullet17 como patrocinadora do relatorio de Javier Cebreiros, titulado “A motivación está sobrevalorada”.  Na súa intervención, porá en valor a motivación intrínseca, a actitude, a posibilidade de decidir en cada momento o que comunica, como factores determinantes no éxito da xestión de calquera proxecto.

Cebreiros é socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e da empresa InfoJC, doutorando en Comunicación, graduado en Dirección de Empresas, máster en Investigación en Comunicación da Universidade de Vigo, técnico superior en Márqueting e máster en Dirección da Escola de Negocios IESIDE.

Ademais, é blogueiro do Huffington Post, autor do libro Olvida tu lenguaje corporal, colaborador habitual en medios de comunicación e guionista de Yo, mono de TVE2. Imparte formación para falar en público, así como cursos, talleres e conferencias en diversas organizacións, entre as que destacan os seus TEDxTalk de España e México.