Ednon patrocina o relatorio de Jaume Gurt: “Novo liderado para non morrer no cambio”

A empresa tecnolóxica Ednon http://ednon.com/  colabora con #SilverBullet17 como patrocinadora do relatorio de Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain, compañía que xestiona os portais InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios.

Na súa intervención, titulada  “Novo liderado para non morrer no cambio”, Gurt, partindo da súa longa experiencia profesional como responsable de equipos, describirá o esixente escenario de cambio derivado da transformación dixital con referencia ás habilidades necesarias para sobrevivir nese contexto e adoptar actitudes para liderar… sen morrer no cambio.

O seu relatorio está avalado por unha sólida experiencia profesional. Como director comercial de InfoJobs, Jaume Gurt foi o responsable de desenvolver o modelo de negocio online, deseñar a estratexia para a forza comercial e desplegar un equipo de vendas de ámbito nacional. En 2010 foi nomeado director xeral de InfoJobs e, para sortear a crise, da un novo pulo á compañía cunha cultura baseada na felicidade, a alegría e o desenvolvemento das persoas, como claves para imaxinar novos produtos, establecer novas relacións cos clientes e provedores, fortalecer a organización e facela máis eficiente e innovadora.

Forma parte do padroado de Ship2B, unha incubadora que impulsa negocios con rendabilidade económica e social, convencido de que a entrega aos demais e a expendeduría social poden mellorar o mundo.