Javier Cebreiros

Vivo convencido dunha cousa: todos somos excelentes comunicadores, pero algunhas persoas non o saben aínda. Apaixóname a comunicación como ferramenta para cambiar a nosa contorna. Teño unha mensaxe propia baseada en crer nas persoas e nas súas posibilidades. Escribo, leo, comunico e gozo poñendo en práctica esa idea en múltiples proxectos empresariais e sociais nos que participo. Encántanme as persoas e por iso traballo cada día para ser mellor profesor, porque me gusta tanto compartir ideas en cursos, encontros, sesións e conferencias; como escoitalas con atención.Vémonos o día 11?

BIO

Doutorando en Comunicación e graduado en Dirección de Empresas; é máster en Investigación en Comunicación da Universidade de Vigo. Técnico superior en Márketing e máster en Dirección da Escola de Negocios IESIDE.

Socio do espazo de innovación social ImpactHub Vigo e da empresa InfoJC, é bloguero do HuffingtonPost e autor do libro Esquece a túa linguaxe corporal (Plataforma Editorial, 2015, 3ªEd.). Asesora a persoas para falar en público e imparte cursos, talleres e conferencias en diversas organizacións entre as que destacan as súasTEDxTalk de España e México.

Colaborador habitual en medios de comunicación (guionista e colaborador en “Yo, mono”  de TVE2), a súa paixón polas emocións e as persoas leváronlle a crear proxectos sociais de formación, a colaborar con agrupacións de maiores e a adestrar equipos de fútbol xuvenil.

O relatorio de Javier Cebreiros está patrocinado por: